luns, 24 de marzo de 2014

Ponlle as pilas ao teu bocata.

Hoxe tivemos unha charla e a degustación dun bocata con produtos do mar. Primeiro nos explicaron os beneficios dunha alimentación sá, falaronnos dos animais mariños, nos deron debuxos destes animais para colorear, e para rematar cada nen@ preparou o seu bocata:

 
 
 
  
  
 
 
 
 
   
 
 
 
 
 



xoves, 20 de marzo de 2014

A primavera

Hoxe comezou a primavera e salimos ó patio a facer unha foto xunto esta árbore que temos no cole con tantas frores:

xoves, 13 de marzo de 2014

Saída a unha pastelería



Hoxe visitamos a pastelería "Rodillo Veloz", foi unha experiencia moi interesante, divertida e sobre todo golosa. Cada vez queda menos para rematar o proxecto do "chocolate", e nesta visita foi como facer un repaso de todo o que vimos ata agora, xa que aqui explicaronnos o proceso do chocolate e a sua elaboración, e o mellor de todo foi comer as chocolatinas de dinosaurio que nos fixo o pasteleiro. Damoslle as grazas por atendernos tan ben.

 Temos máis fotos que poño na páxina do chocolate.

mércores, 12 de marzo de 2014

Charla dun garda forestal

O martes estivo no cole o papá de Mario, que ,é garda forestal e nos puso un video moi interesante sobre o lume no monte, e ademáis nos deixou ver moitos aparatos que utilizan no seu traballo: prismáticos, brúxulas, lanternas.....







Saída

Mañá xoves 13 de marzo, temos unha saída a unha pastelería cercana, entre as 11:30 e as 12:30.

sábado, 1 de marzo de 2014

Visita sorpresa na aula

O venres tivemos unha visita na aula, Jasmín de 5ºA trouxo a súa mascota ó cole, e a trouxo a nosa aula, foi moi divertido: