CHOCOLATE

Xa comezamos un novo proxecto, "O CHOCOLATE", soamente levamos dous días e gusta moito, xa probamos os tres tipos de chocolate, negro, con leite e branco,e hai diferentes opinións de gusto, hoxe ademáis votámoslle un pouco de chocolate as fresas, e gustoulle a moi poucos con chocolate, gustaba máis a fresa soa.
 Onte vimos un vídeo que nos explicaba moi ben o proceso do chocolate, " Samuel y las cosas: cacao",e que deixo publicado nos gadgets laterais.




E o venres vimos un capitulo da árbore de chocolate de Dora la exploradora:


O luns comezamos probando o chocolate con leite:







Hoxe xa apareceron algunhas aportacións dos nen@s, estivemos moi atentos ca información que nos trouxo Pablo sobre a procedencia do chocolate e os diferentis tipos que hai:

E Leo trouxo unha poesía moi chula que imos a aprender, e duas tabletas de chocolate que xa estivemos pro bando hoxe:


     
  E Paula trouxo o conto de Hansel e Gretel, moi adecuado para este tema.
 

¡Que goloso vai ser este proxecto!. Grazas a tod@s.

Mario apareceu hoxe con moita información sobre o tema que iremos vendo pouco a pouco:


E Xoel apareceu cun " KIT DE PASTELERÍA" no que traía moitas cousas: dous batidores, varios moldes para facer doces, un gorro de cociñeiro, surtido de tabletas de chocolate, un capitulo dos dibuxos " Telma e Tula" e dous pergaminos un con adiviñas e outro cun conto, gustounos moito.







Hoxe venres, Jonatan trouxo a probar un chocolate moi rico de galletas oreo, e outro branco:





Esta semana seguimos endulzando a boca, hoxe apareceu Gabriela con piruletas de chocolate que ademáis de ricas estaban moi ben decoradas, participou toda a familia na súa elaboración, Gabriela axudou a súa mamá a facer as piruletas e o seu papá axudouna a decoralas. Estaban ¡deliciosas!.



 Xa temos o rincón do chocolate cada vez con máis cousas, e máis información sobre o tema, cada día sabemos máis sobre o chocolate.


 







Hoxe a mamá de Mateo da calse de 3 anos B nos trouxo un surtido de chocolates do "Museo do chocolate de Astorga", probamos chocolates con sabores e colores novos, de fresa, de laranxa e un deles ata o fan con cecina. Parece un sitio interesante para ir de visita.



Hoxe trouxen chocolate blanco e con leite, acompañado de biscoitos, ¡cómo lles gustou! non deixaron nada.

 
 
 
 
 
  
 Tamén probamos os graos de cacao e o chocolate con avelás, que trouxo Xoel. Xa estamos vendo de que distintas formas podemos tomar o chocolate, pero ainda nos quedan moitas máis.

 

Gabriela trouxo unhas "rocas de chocolate" que estaban boiiiiiisimas, as fixo cá súa nai, e votáronlle chocolate e cereais, mirade que boa pinta tiñan, non duraron nada no prato.





A visita ó RODILLO VELÓZ gustounos moito, xa é a segunda saída que facemos fóra do cole, a primeira foi ó IES Marta Guisela a ver unha exposicións de setas, e agora a unha pastelería, esto de andar por fóra do cole é moi novedoso e gustalle ós nen@s:









 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
   

A semana pasada fixemos canapés de chocolate, votámoslle nocilla, as decoramos e xa as comimos, non duraron nada no prato. Con isto rematamolo tema do chocolate, no que ademáis de aprender, nos dimos conta de que o chocolate gustanos de todas as maneiras e formas.
 
 
 
 
 
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario